Arquivo da etiqueta: unicef

A medicina pública cubana ofrece ao mundo o remedio contra a transmisión perinatal do SIDA

Prensa Latina – Terra Sen Amos
Cuba está disposta a compartir a experiencia clínica de ser o primeiro pais en evitar a a transmisión de SIDA e Sífile de mai a fillo. La Organización Mundial da Saúde (OMS) entrega ao sistema público de saúde cubano a primera validación internacional contra a transmisión perinatal dos dous andazos, unha clínica devecida dende hai anos polas multinacionais da farmacia norteamericanas, británicas, canadianas e suizas. Anunciando o histórico avance, o ministro de Saúde Pública, Roberto Morales Ojeda, reafirmóu o compromiso da Revolución de seguir axudando a outras nacións no acceso e cobertura universais de asistencia médica para a defensa contra a enfermidade. A declaración do responsábel cubano da saúde chegou como resposta ao recoñecemento oficial da Organización Panamericana da Saúde (OPS) da OMS e da UNICEF.

O esforzo de Cuba proba que o acceso e cobertura universais de asisitencia médica son condición para o éxito. (Foto de Miguel Febles Hernández)
O esforzo de Cuba proba que o acceso e cobertura universais de asisitencia médica son condición para o éxito. (Foto de Miguel Febles Hernández)

Seguir lendo A medicina pública cubana ofrece ao mundo o remedio contra a transmisión perinatal do SIDA

50 VERDADES SOBRE A REVOLUCIÓN CUBANA

Salim Lamrani – Opera Mundi.

A Revolución Cubana, símbolo do degaro de independenza de América Latina e do Terceiro Mundo, marcou a historia do século XX. Seguir lendo 50 VERDADES SOBRE A REVOLUCIÓN CUBANA

DEFENDER A REVOLUCIÓN CUBANA É DEFENDER OS DEREITOS HUMANOS

Manifesto publicado pola Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” con ocasión da marcha en solidariedade con Cuba convocada en Compostela o 18.04.10

Unha nova campaña mediática de condena a Cuba estase desenvolvendo tras a morte en folga de fame do preso Orlando Zapata. Con todo, as voces que se alzan contra Cuba abstéñense de denunciar os innumerables casos de gravísimas violacións dos dereitos humanos cometidas polos estados europeos, tanto historicamente como na actualidade.

O 16 de outubro de 1961, a policía francesa matou centenares de manifestantes alxerianos en París e a prensa foi obrigada a non informar do masacre. En 1981, dez presos irlandeses morreron en folga de fame en prisións británicas, baixo o goberno de Margaret Thacher. Anos despois, en 1999, a ex-primeira ministra rendíalle unha homenaxe a Augusto Pinochet, procesado por xenocidio e acusado da detención de 300.000 persoas e da morte ou desaparición doutras 5.000. En datas recentes, a policía británica deu morte no metro de Londres a Jean Charles Menezes, un inmigrante brasileiro sen ningunha relación con feitos delitivos. Seguir lendo DEFENDER A REVOLUCIÓN CUBANA É DEFENDER OS DEREITOS HUMANOS

A CONVENCIÓN DOS DEREITOS DA INFANCIA

A CONVENCIÓN DOS DEREITOS DO NENO E A ESPERANZA DO MUNDO por Wilkie Delgado Correa

Somalia e EE.UU., únicos países que non a ratificaron.

A Convención Dos Dereitos do Neno, só non foi ratificada por dous dos 192 países da ONU: Somalia e Estados Unidos, di unha noticia verídica. Pode Ud. crelo?

Non son fáciles os tempos que corren e vívese en crise permanente, xa sexa económica, climática e doutros tipos, pero crise en fin do desenvolvemento humano. Todo ten a súa orixe. Para estas son a opulencia e o malgaste duns poucos, sustentada nunha superexplotación feroz do home ou do ambiente, e a miseria e a carencia de moitos, explotados até o infinito, que representan a maior parte da humanidade. Seguir lendo A CONVENCIÓN DOS DEREITOS DA INFANCIA

CUBA: PAÍS SEN DESNUTRICIÓN INFANTIL

UNICEF CONFIRMA QUE CUBA É O ÚNICO PAÍS DE AMÉRICA LATINA E O CARIBE QUE ELIMINOU A DESNUTRICIÓN INFANTIL.

Cira Rodríguez César – Prensa Latina

A existencia no mundo en desenvolvemento de 146 millóns de nenos menores de cinco anos baixos de peso, contrasta coa realidade dos infantes cubanos, recoñecidos mundialmente por estar alleos a ese mal social.

Esas preocupantes cifras apareceron nun recente reporte do Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF), baixo o título de Progreso para a Infancia, Un balance sobre a nutrición, divulgado na sede da ONU. De acordo co documento, as porcentaxes dos nenos con baixo peso son de 28 por cento en Africa Subsahariana, 17 no medio Oriente e Africa do Norte, 15 en Asia oriental e o Pacífico, e sete en Latinoamérica e o Caribe. Seguir lendo CUBA: PAÍS SEN DESNUTRICIÓN INFANTIL