Arquivo da etiqueta: Valentin Alvite

FESTA EN COMPOSTELA NO 55 ANIVERSARIO DA REVOLUCIÓN

O Consulado de Cuba e a “Francisco Villamil” celebraron en Santiago o 55 Aniversario da Revolución nunha convocatoria que fixo pequeno o Salón de Mostras do Hotel Araguaney de Santiago. José Antonio Solana, Cónsul Xeral, e Valentín Alvite, presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana, renovaron a histórica relación de Galiza con Cuba e deron conta do avanzo das reformas.

Asistiu unha representación completa da solidariedade internacionalista, da esquerda e do sindicalismo.

Na súa intervención, o Cónsul Xeral dixo que a boa marcha do proceso de cambios na economía de Cuba e nas leis de emigración, asi como o respaldo da comunidade internacional, contrastaban coa persistencia do bloqueo. Solana tivo palabras de gratitude para a irmandade do povo galego con Cuba, simbolizada na resolución e valentía de Francisco Villamil que renunciara a todo por defender a independenza cubana, e actualizada pola recente visita institucional do executivo de Santiago.

Seguir lendo FESTA EN COMPOSTELA NO 55 ANIVERSARIO DA REVOLUCIÓN

Cuba reforma a súa economia para manter os logros da Revolución

A profesora de Economía da Universidade da Habana, doutora Yailenis Mulet Concepción, explicou en senllas conferencias en Vigo e Compostela as reformas estruturais do modelo estatal cubano, dirixidas a manter e ampliar as conquistas da Revolución.

Os cambios na economía de Cuba son continuidade das reformas dos 90, nun contexto nacional e internacional diferente e están encamiñadas ao equilibrio orzamentario sen prexuizo do modelo público da economía. Receben o nome de “nova reforma” ou “actualización” e ten como principais obxectivos unha nova apertura ao traballo por conta propia, a expansións das cooperativas, maior autonomía da empresa estatal, a ampliación e modificación do sistema tributario, cambios no sistema público de protección do paro, a unificación de moedas, a flexibilización dos mercados de oferta e demanda agrícolas, a liberalización de certos intercambios no mercado interno e un aumento da autonomía dos gobernos provinciais e locais. Seguir lendo Cuba reforma a súa economia para manter os logros da Revolución

O Encontro Galego Portugués de Solidariedade con Cuba critica a submisión da UE á inxerencia norteamericana

Unha dura crítica da submisión da UE aos ditados do governo norteamericano en relación co bloqueo de Cuba e a esixencia da inmediata liberación dos Cinco Antiterroristas Cubanos presos nos Estados Unidos, foron as principais conclusións do Encontro Galego-Portugués de Solidariedade con Cuba celebrado en Santiago de Compostela o dia 25.

Na asemblea escoitaronse propostas para contrarrestar a difamación informativa dominante sobre a realidade cubana e outras para promover actividades de apoio á Revolución, de fomento da cooperación económica con Cuba e da participación en brigadas solidarias así como outras referentes ao intercambio cultural e o irmanamento entre entidades galegas, portuguesas e cubanas. Seguir lendo O Encontro Galego Portugués de Solidariedade con Cuba critica a submisión da UE á inxerencia norteamericana

Nova xunta directiva da Asociación

O pasado día 26 de xuño, en asemblea extraordinaria da Asociación, elixiuse unha nova xunta directiva, que quedou conformada da seguinte forma:

Presidente: Valentin Alvite

Vicepresidente: Xosé Manuel Viqueira

Secretario: Inhaqui Solla

Tesoureiro: Ernesto Cañedo