Arquivo da etiqueta: Vigo

O aniversario de Martí reúne en Vigo á solidariedade con Cuba

A solidariedade con Cuba rendéu en Vigo homenaxe a José Martí, no cento sesenta aniversario do seu nacemento.

A xuntanza celebrouse ao pé da estatua do Apóstol da independencia de Cuba, obra do escultor cubano René Negrín, nos xardíns de Uxío Montero Ríos.

Valentín Alvite Gándara, presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” dixo que forza do pensamento liberador de Martí cobraba trascendencia especial nun pais como Galiza, solidario e partícipe na loita de Cuba pola independenza, a paz e a xustiza. Seguir lendo O aniversario de Martí reúne en Vigo á solidariedade con Cuba

HOMENAXE A MARTÍ EN VIGO

ACTO DE LEMBRANZA E HOMENAXE CON MOTIVO DO CENTO CINCUENTA E SEIS ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE JOSÉ MARTÍ

Terá lugar o domingo, 25 de xaneiro ás 12.00 horas, diante da estatua do heroe da independenza cubana, erixida nos Xardíns de Montero Ríos en Vigo e contará coa presenza do Cónsul Xeral da República de Cuba en Galiza