Arquivo da etiqueta: William Jennings Bryan

Diálogo en igualdade cos EUA, vitoria de Cuba inédita nas Américas

René Vázquez Díaz – Cubadebate

Nacendo a República de Cuba eivada e maltreita polos Estados Unidos, entre xurdíos parlamentos pronunciados na Habana, vinte de maio de 1902,  salientan dúas frases de William Jennings Bryan, populista do Partido Demócrata e membro (xunto a Mark Twain) da entón chamada Liga Antimperialista:
“Fíxonos Deus veciños: fáganos amigos a Xustiza”.
Como César Vallejo escribira nun poema famoso, isto non foi posible. Ondea hoxe na Habana a bandeira de Estados Unidos e, por primeira vez na historia de  ambos países, ábrese a posibilidade real dun futuro de boa veciñanza. Tanto en maio de 1902 como en xullo de 2015, a clave do fracaso ou éxito desas relacións, é a Xustiza.
Mal que o recache a poderosa prensa occidental, Cuba obrigou Estados Unidos a negociar. Ese diálogo en igualdade, atinxido a un prezo tan alto e sacrificado para o pobo cubano, é unha vitoria inédita na historia das Américas. Un dos obxectivos do bloqueo fora evitar justamente o que agora sucede: o diálogo en bases soberanas. No pasado, cando Estados Unidos e seus aliados falaban de “diálogo” con Cuba, o que de verdade querían, era impor as condicións da capitulación cubana, que queiras que non. Nisto fracasaron.

O establecemento da embaixada de Cuba en Washington, foi acompañado de mostras de apoio,
O restablecemento da embaixada de Cuba en Washington, foi acollido con mostras de apoio,

Seguir lendo Diálogo en igualdade cos EUA, vitoria de Cuba inédita nas Américas