Arquivo da etiqueta: XX Aniversario da CESC

A Coordenadora de Solidariedade con Cuba renova a súa confianza na Revolución

A transparencia de medios e obxectivos da Revolución Cubana e a plena declarabilidade da súa prática diaria dende 1959, contrasta coas incoerencias do capitalismo e o mal social que producen, sempre superiores aos remedios da crise. A Coordenadora Estatal de Solidaridade con Cuba CESC, reunida en Alcalá de Henares no 20 aniversario da súa fundación, renovou nun comunicado final a confianza en Cuba socialista, que é quen de avanzar na resolución dos problemas comúns mediante a discusión aberta e a participación solidaria, no entanto o capitalismo propón intensificar a explotación para superar os atrancos producidos pola insolidariedade e a inxustiza. A CESC representa a máis de cen colectivos de solidariedade con Cuba.

A Asemblea condenou a inxerencia imperialista en Cuba e o criminal bloqueo a que somete ao povo cubano e denunciou a connivencia dos poderes públicos do Estado español con organizacións terroristas coma Alpha 66 que teñen producido atentados graves en territorio cubano contra obxectivos civis. As instancias de solidariedade con Cuba foron especialmente críticas coa manipulación informativa como clave de tratamento imposto polos medios do capital contra a realidade cubana, con silenzo ou menosprezo de todos os avances do proceso transformador, e tratamento nesgado ou falsificado cando se trata das dificultades dun sistema sometido a bloqueo. A recente proclamación de excelencia, por parte da ONU, da atención de Cuba a infancia, superior á dos Estados Unidos ou España, non mereceu nin por acaso mención na prensa do sistema. Seguir lendo A Coordenadora de Solidariedade con Cuba renova a súa confianza na Revolución