The Washington Post recoñece que contra o Ébola, a pequena Cuba supera aos paises ricos

Terra Sen Amos
Cuba, un pais de once millóns de habitantes con recursos escasos e bloqueado polos Estados Unidos dende hai 54 anos, demostra máis resolución e compromiso contra o Ébola ca os paises ricos. O xornal The Washing­ton Post recoñece a cualidade e importancia da axuda médica de Cuba aos países africanos castigados polo andacio depois dunha equipa de 165 profisionais da asistencia chegar a Freetown, en Serra Leona.

Os primeiros integrantes da equipa de 165 médicos e médicas cubanos, descargan medicamentos e material recén chegados a Freetown para axudaren na loita contra o Ébola, na Serra Leona
Os primeiros integrantes da equipa de 165 médicos e médicas cubanos, descargan medicamentos e material recén chegados a Freetown para axudaren na loita contra o Ébola, na Serra Leona

O xornalista Adam Taylor salienta dende o titular a rápida resposta da pequena Cuba en contraste coa dúbida inoperante do norte opulento e colonialista en Africa. Taylor pon como modelo de arrogancia o do Estado de Israel, enriquecido pola venda de armas, defensor a ferro e fouce do Apartheid de Sudáfrica, e indiferente agora polo que poida causar o Ébola en Africa.

No seu artigo sobre o compromiso planetario contra o Ébola, The Washington Post chama a atención sobre a resposta rapidísima de Cuba, superior aos ofrecimientos sanitarios dos máis ricos del mundo, malia ter o Estado socialista caribeño só unha sexta parte da renda británica.

Adam Taylor repara na excelencia de asistencia médica universal de Cuba, con indicadores que igualan ou sobardan os dos países desarrollados, sobre todo na reducción da mortalidade infantil e esperanza de vida, como adoita pór de exemplo Organización Mundial da Saúde.

O autor do artigo tamén para mentes nos sistemas de formación profisional de médicos e técnicos da saúde en Cuba, así como a xenerosa axuda ofrecida na preparación de centos de miles de médicos e  especialistas procedentes de países pobres.

Taylor destaca igualmente a axuda solidaria prestada por Cuba a moitos países en necesidade e fai caso aparte da extraordinaria axuda da Habana aos damnificados polo furacán Katrina, nos Estados Unidos.

O artigo de The Washington Post non aborda as consecuencias perniciosas do bloqueo de Estados Unidos sobre o sistema de saúde cubano, nin a teimosa insidia da CIA para estimular o exilio de profesionais cualificados da medicina cubana que cumpren misións internacionalistas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *