Twitter censura as contas dos medios máis populares de Cuba

TSA

Twitter suspendeu no serán de quarta feira 11, as contas de varios medios de Cuba entre elas a do diario Granma. A intervención censora foi decidida pola dirección da rede dende California EUA, no intre de o presidente Diaz-Canel abordar en directo as medidas adoptadas polo Goberno para contrarrestar os efectos de o crecente cerco intervencionista dos EUA contra o transporte de hidrocarburos con destino a Cuba. O feito de o ilegal bloque ter fracasado depois de 62 anos, non parece desanimar ao actual goberno de Washington no seu obxectivo de impedir o progreso de Cuba. Con Donald Trump, son 12 os presidentes dos EUA que se gaban de ter un compromiso heroico coas liberdades cubanas e aseguran potencialas con recursos terroristas coma a actual censura de Twitter ou a intervención diaria das súas relacións políticas, económicas e comerciais co resto do mundo.

O popular uso de Twitter foi asumido dende Cuba com un desafío, do que formaba parte a conta disidente “Cuba Twitter” lanzada dende EUA contra a illa..

Na notificación de suspensión da conta @Granma_Digital, que ten 166.000 asociadas, Twitter renuncia a explicar a arbitrariedade e prefire manter silenzo sobre as demandas de reactivación. O apagón de Twitter afecta a Cubadebate, Mesa Redonda, Canal Caribe e Radio Rebelde, entre outros media de referencia. En 2018 o Gobierno dos EUA anunciara a creación dunha Task  Force (comando operativo) para Internet, instituido polo ministerio de Estado (relacións exteriores) co fin de “promover a liberdade de información en Cuba”.

O diario Granma  explicou dia 12 que a censura de Twitter estaba dirixida a bloquear as declaracións do Presidente cubano no programa televisivo Mesa Redonda. A intervención de Miguel Diaz-Canel sería seguida a través de Granma en todas súas  plataformas, como fora anunciado.

A pouco de Twitter bloquear a comunicación en Cuba A Unión de Periodistas de Cuba (UPEC) confirmou que o obxectivo da rede estadounidense era impedir a transmisión en directo do programa Mesa Redonda Informativa, que abrira ás  6:30 pm, hora de Cubal- no que o Presidente daría conta das previsións do Goberno contra os efectos da sabotaxe enerxética lanzada dende a Casa Branca.

A UPEC relaciona os seguintes medios cubanos sometidos a censura de Twitter: @Cubadebate con casi 300 000 seguidores y @Granma_Digital con cerca de 167 000 seguidores, @MesaRedondaCuba, @RadioRebelde, @DominioCuba, @Cubaperiodistas, @CanalCaribe, e unha longa lista de xornalistas na que figuran Leticia Martínez (@leticiadecuba ) Angélica Paredes (@aparedesrebelde) que traballan no gabinete de Prensa do Presidente; a da Vicepresidenta Primera da Unión de Periodistas de Cuba, Rosa Miriam Elizalde (@elizalderosa), e a do xornalista de Granma, Enrique Moreno Gimeranez (@GimeranezEm), entre outros.

A rede Twitter comezou funcionar dende California EUA en 2011, onde seu fundador Jack Dorsey declarouna a quintaesencia da información en liberdade do século XXI.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *