UN DIARIO EN BANCARROTA NUN PAÍS EN CREBA, ANUNCIA O FRACASO DE CUBA

Eugenio Martínez Enriquez, embaixador de Cuba en España, replica un editorial publicado polo diario El Pais o dia 5 de xaneiro, baixo o título “Y van 55 años”. Fronte a arrogante sentencia de “fracaso” aplicada polo diario á economía cubana, o Embaixador cita indicativos sociais de Cuba superiores aos dos Estados Unidos e Canadá; sobre a pretensión deste diario, en guerra declarada contra o ALBA, de seren os cubanos os máis “conscientes do fracaso” da Revolución, Martínez Enriquez recorda os millóns de cubanos e cubanas defensores dunha opción de governo que lles garantíu pola primeira vez a dignidade e a independenza”.

A carta de réplica desafía ao diario a buscar e publicar indicativos de asistencia infantil universal comparabeis aos de Cuba, co recoñecemento e parabéns das Nacións Unidas e varias outras institucións internacionais, a pesar de padecer dende hai máis de medio século estorbos, sancións, intervencións ilegais de contas, campañas de infundios, contaminacións, ameazas e atentados por parte dos Estados Unidos.

Editorial publicado polo diario El Pais o dia 5 de xaneiro
Editorial publicado polo diario El Pais o dia 5 de xaneiro

Nas liñas derradeiras da carta, Martínez Enríquez refírese a acusación de “bancarrota” á situación de Cuba, e comenta “abráiame ler a imputación (nas páxinas) dun diario en creba técnica”. Facendo referencia á actual causa legal de falencia económica de El Pais, o Embaixador comenta “velaí se cadra o motivo de publicaren mentiras sobre Cuba: alguén paga para cobrer a súa bancarrota”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará