Un diccionario sobre o pensamento de Fidel será presentado na Feira do Libro da Habana

Prensa Latina – Terra Sen Amos
O presidente da Feira Internacional do Libro da Habana (FIL) Juan Rodríguez Cabrera, anunciou a presentación de 24 títulos que tratan do líder histórico de la Revolución, entre eles un grande diccionário das ideas de Fidel que levará o selo da Editora Política. A Feira abrirá do 9 até o 19 en vários recintos, ainda que a súa sede principal será o forte de San Carlos de la Cabaña, escenário de palestras, paneis, presentacións, actuaciós e porparte de trinques de venda de exemplares que adoitan atraer altísimas concentración de mocidade en procura de libros de alta calidade a prezos baixos. A Editorial Luminaria deu coñecer un variado catálogo con textos de teatro, poesia, narrativa e contos deseñados en cadriños para rapaces.

A imaxe da mocidade culta dun pais sen recursos e bloqueado, concentrada a procura de libros na Feira Internacional da Habana, é obxecto de admiración en todo o mundo.

Dia 11, o historiador da Cidade da Habana, Eusebio Leal, impartirá na sala Nicolás Guillén unha conferéncia sobre o humanismo de Fidel e o seu legado, e 14 habera unha palestra na que a equipa do diccionário de ideas do lider histórico da Revolución exporá o seu traballo. Outras mesas tratarán de Fidel na solidariedade, o internacionalismo e o xornalismo, actividade ésta  que o acompañara toda a vida coma autor e alvo preferente de información, igual que acontecera antes con José Martí.

O renovado catálogo de Luminária ven entre outras matéria, con  investigación métrica, de verso livre e poesia experimental, de Virgilio López Lemus e Yakro.  Segundo explicou o director do selo editorial, Noelio Ramos Rodríguez, a maioria dos textos pertencem ao género poesia endebén inclúan propostas narrativas, con novela, conto e narrativa experimental. A actual edición da convocatoria internacional está consagrada à obra do escritor e professor Armando Hart Dávalos e a Canadá como país convidado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará