Un encontro virtual recordará en todo o mundo a actualidade do pensamento de Fidel na loita pola soberanía e contra a desigualdade

Terra Sen Amos

As ideas humanistas, antimperialistas e antineoliberales de  Fidel, serán recordadas en todo o mundo arredor da data do pasamento do Líder da Revolución. A convocatoria do Encontro Xuvenil Internacional Ideas que son Bandeiras realizará un programa para los dias 24, 25 e 26 de novembro no que participaran organizacións da mocidade de todo o mundo. O lema do evento é Unidade para a solidariedade, o antimperialismo e antineoliberalismo e a transformación necesaria en tempos de Covid. O encontro esta organizado pola Unión da Mocidade Comunista (UJC) e organizacións estudantís e sociais cubanas, co propósito de promover os ideais de xustiza, esperanza e confianza nun mundo en revolta contra a desigualdade. “Moitas voces do mundo farán memoria do legado de Fidel e chamarán a atención sobre os desmáns do imperialismo”, asegurou Diosvany Acosta Abrahante, primeiro secretario do Comité Nacional da UJC.

Leonel Pérez Friman, presidente da Organización Latinoamericana e Caribeña de Estudantes (OCLAE), asegurou que «non podiamos perder a oportunidade de achegar ao mundo ás loitas do pobo cubano, a esa bandeira que levantamos sempre pola solidariedade e a unidade dos pobos». Friman sinalou que, amais de revelar a desfeita sanitaria producida polo coronavirus nos pobos obrigados a seguir a cartilla neoliberal, compre unir ideas ao redor da paz e en contra das guerras e os conflitos bélicos; impedir a agresión ao medioambiente e o cambio climático, e esixir o fin dos bloqueos e as medidas coercitivas unilaterais, as violacións dos dereitos humanos, de xénero e internacional; o desemprego, a falta de acceso á educación e aos servizos de Saúde.

Un foro central tratará da vixencia do pensamento de Fidel; a Paz no mundo será asunto doutra rolda de participacións e haberá encontros por rexións para intercambiar sobre a actualidade e a defensa e solidariedade coas causas xustas dos pobos; promoverase a cooperación que garanta a achega de medicamentos e vacinas para salvar vidas contra a pandemia.

Na sesión de clausura darase lectura a un pronunciamiento pola unidade dos mozos do mundo, coas súas loitas e reivindicacións, e de solidariedade con Cuba.

A Agencia Cubana de Noticias ofrece para o encontro virtual as seguintes cadras: desde o sitio web da UJC (www.ujc.cu); <sent>ujcuba, para Facebook e YouTube, e <sent>UJCdeCuba, para Twitter. Teñen comprometida a súa participación máis de 2 000 organizacións de 162 países entre elas a Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará