Un senador por Kansas promove A Lei de Comercio con Cuba para rematar co Bloqueo

Terra Sen Amos – Redacción

O grupo de presión no Congreso dos EUA Engage Cuba (EG) ou compromiso con Cuba, celebrou que o senador estadounidense Jerry Moran presentase un proxecto de Lei na cámara para rematar co Bloqueo económico, comercial e financeiro imposto por Washington contra a illa. A nova Lei de Comercio con Cuba, permitiría ao sector privado norteamericano comerciar coa illa e foi presentada polo deputado por Kansas baixo o nome de Lei de Comercio con Cuba.

James Williams, presidente de Engage Cuba, comenta no espazo da TV Cubana “La esquina” as vantaxes da nova Lei de Comercio con Cuba

O proxecto de Moran revertiría as leis que coutan á economía de Kansas e maltratan a pobo de Cuba, comentou James Williams, presidente de Engage Cuba, organización que promove o fin do cerco vixente contra o país caribeño dende hai máis de medio século.

A xuizo de Williams, principal exportador estadounidense de bens agrícolas e primeiro produtor de trigo do país, a apertura do intercambio con Cuba permitiría á agro-industria de Kansas incrementar as vendas nun mercado a carón.

Engage Cuba recordou que mália a administración de Barack Obama (2009-2017) emitir cambios regulatórios para remediar as restriccións de viaxes e comercio, o Bloqueo segue en vigor por unha serie de normativas. A Lei de Comercio con Cuba significaria o remate ou unha modificación substancial da lexislación do Bloqueo, como a Lei de Asistencia Exterior de 1961, a Lei para a Democracia Cubana de 1992, e a reforma das sancións por intercambio de bens e exportación, do ano 2000.

“Logo de 55 anos de fracaso, é hora dun cambio: damos parabéns ao senador Moran pola súa defensa da liberdade de comercio para os agricultores de Kansas poderen competir nos mercados cubanos emerxentes,” dixo Williams. O senador sinalou que a illa está a só 90 millas da fronteira norteamericana, o que debe considerarse un destino natural para as mercadorías deste país.

Moran engadiu que na altura da crise de mercados, a suspensión do Bloqueo e a apertura de Cuba aos produtos agrícolas de EUA melloraría as exportacións e crearia emprego. No entanto as barreiras comerciais unilaterais impostas por Washington impiden o comercio de agricultores e gandeiros, os vendedores de Canadá, Francia, China e outras nacións poden realizar negocios coa maior das Antillas. O cambio legal igualaría aos produtores norteamericanos  cos do resto do mundo.

EG  constituise como grupo de presión do Congreso para abolir os atrancos legais do comercio e as viaxes de EUA a Cuba e conta con representantes demócratas e republicanos que fan de valedores entre exportadores, fraccións da Cámara e ONG para faceren realidade o remate do Bloqueo ao que se refiren coma un refugallo da Guerra Fria.  EG fundou o 19 de setembro de 2016 o Consello Estatal de Kansas, unha das 16 instancias representadas no grupo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará