Un tornado de solidariedade con Cuba

Terra Sen Amos – Redacción

Tralo paso do tornado que arrasou os concellos habaneiros de Regla, Guanabacoa, San Miguel del Padrón, Diez de Octubre e Habana Leste, o mundo acordou un torveliño de solidariedade para paliar danos. Acompañamos un número de conta para poder achegar ás obras de reparo precisas depois da pegada do excepcional meteoro que no primeiro informe de baixas deixaba catro persoas mortas e noventa e cinco feridas de consideración, embora pouco tempo depois, as vidas perdidas ascendían a seis. Como xa  informáramos nesta páxina dia 28 (http://www.terrasenamos.org/habana-sofre-o-seu-pior-tornado-dende-1950/) os derrames causados polo paso do tornado deixaron sen teito a máis de dez mil persoas, mentres os danos son de consideración en varios ambulatorios e hospitais da área afectada.

Os datos completos da conta son:

Titular: 500 ANIVERSARIO DE LA HABANA

Número da conta: BFICCUHH0300000005093523

Entidade: Banco Financiero Internacional S.A.  Sucursal: calle 1ª y B – Vedado – Habana. Cuba.  

Indicación: con destino a los afectados por el tornado

Máis de dez mil persoas ficaron sen teito por causa do Tornado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará