UNHA CONGRESISTA AMIGA DO TERRORISTA ORLANDO BOSCH PIDE INVESTIGAR A MORTE DE OSWALDO PAYÁ

TERRA SEN AMOS.

O 5 de agosto, nas páxinas do diario El Mundo, Ángel Carromero, dirixente do PP de Madrid, acusa os servizos secretos cubanos da morte dos opositores Oswaldo Payá e Harold Cepero. Carromero, condenado en Cuba a 4 anos de prisión por “homicidio imprudente” no accidente no que morreron ditos opositores, afirma agora que ese accidente foi causado por “un vehículo azul que nos embestiu.”

A Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” ven de publicar un comunicado no que contrasta anteriores declaracións do dirixente do PP coa súa actual acusación contra a xudicatura Cubana, gabada pola representación diplomática española polo rigor e trasparencia do proceso que rematara coa condena de Carromeron. Na escrita da “Francisco Villamil” aparecen con toda claridade que as amizades políticas do dirixente do PP, están implicadas en actos terroristas contra o pobo de Cuba.

UNHA CONGRESISTA AMIGA DO TERRORISTA ORLANDO BOSCH PIDE INVESTIGAR A MORTE DE OSWALDO PAYÁEl Mundo informara en 2012 da retirada do carné a Carromero despois de acumular 42 multas en tres anos. Está claro, pois, que é un condutor perigoso. Ademais, en anteriores declaracións ao Washington Post, Carromero afirmara que o vehículo agresor era “vermello”, non “azul”. Finalmente, no coche, ademais dos falecidos, viaxaban o sueco Aron Modig e o propio Carromero. Os dous, testemuñas do suposto ataque, son repatriados con rapidez aos seus países, algo inverosímil cando se pretende ocultar un delito.

O 7 de agosto, El Mundo publica que a congresista cubanoamericana Ileana Ros-Lehtinen “pide investigar a morte de Oswaldo Payá”. O xornal afirma que Ileana, “nacida na Habana e veterana do Partido Republicano, organizou varios encontros con José M. Aznar”. Pero, ¿que outras amizades ten Ileana Ros? A “Francisco Villamil” publica unha fotografía da congresista con Orlando Bosch. Na parte superior da imaxe, unha dedicatoria manuscrita: “Orlando, con mucho cariño. Ileana Ros-Lehtinen.”

Quen é Orlando Bosch?

O xornal barcelonés La Vanguardia publica 6 de outubro de 2006 esta noticia. “Cúmprense 30 anos do atentado contra un avión cubano no que morreron 73 persoas. O Departamento de Xustiza de EE UU decidía onte o futuro do terrorista cubano Posada Carriles, exaxente da CIA, un dos presuntos autores.

O home que admite ser o planificador do atentado, o cubano exiliado Orlando Bosch, vive en liberdade en EE UU, tras recibir permiso para residir directamente do presidente George Bush pai. Lonxe de arrepentirse, Bosch insiste en que o avión (no que viaxaba o equipo de esgrima cubano e un grupo de estudantes de Güiana) era “un branco de guerra” e que os pasaxeiros eran cómplices de Castro. En Miami, Posada e Bosch son heroes.”

Apoia Ileana Ros-Lehtinen a Luis Posada Carriles?

O 8 de agosto, El Mundo da conta da demanda dos Estados Unidos de investigar “o caso Payá”. Posada Carriles ten dereitos plenos en Florida, porén a demanda de detención formulada por varios lexisladores demócratas (La Vanguardia, 10.05.07), que o consideran “un dos asasinos máis notorios do hemisferio occidental”. A súa extradición a Venezuela foi reclamada polo Cumio Iberoamericano de Xefes de Estado celebrado en Salamanca en 2005.

Para a súa inverosímil campaña contra Cuba, Carromero e El Mundo contan con grandes axudas: Ileana Ros-Lehtinen e o goberno de EE UU; ambos os dous, como pode comprobarse, destacados defensores dos dereitos humanos.

As imaxes da homenaxe a Luis Posada Carriles gravadas en Miami, identifican a Ileana Ros como presidenta honoraria dun comité de apoio económico ao terrorista.

Ver minuto 7 da homenaxe a Posada Carriles.

Tamén se pode aceder ás imaxes a traveso de Cubadebate.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *