Unha guarimba bloquea durante varias horas un acto de solidariedade na embaixada de Venezuela en Madrid

Telesur – Terra Sen Amos

Coreando lemas contra o governo democrático de Venezuela, dando vivas a Franco e maltratando a varias persoas que trataban de entrar ou sair da embaixada da Republica Bolivariana en Madrid, un grupo violento que portaba cruces negras e cartaces de no más dictadura, cercou por varias horas a sé diplomática na que se celebraba un acto de solidariedade coas vitimas das guarimbas. A ministra de Relacións Exteriores de Venezuela, Delcy Rodríguez, esixiu ao goberno de España velar pola seguridade e integridade das persoas que acodiran ao Centro de Diversidad Cultural, integrado na embaixada de Venezuela en Madrid, entre as que estaba o Conselleiro da legación cubana.  

O cerco da Embaixada durou varias horas. Invitados que asistiran a un acto en solidariedade coas vitimas das Guarimbas, foron golpeados polos manifestantes.

O embaixador venezolano Mario Isea denunciou o cerco da sé diplomática, e dixo que os manifestantes impediran entraren e sair do edificio da legación a 100 persoas invitadas ao acto, entre as que habia catedráticos, diplomáticos e representantes de organizacións solidárias e partidos que acodiran á presentación dun informe do Comité de Vítimas da Guarimba e o Golpe Continuado. “Cércanos un grupo violento e xa a advertíramos ao goberno español, responsabel da seguridade da nosa Embaixada e dos funcionarios diplomáticos como Estado receptor, segundo a Convención de Viena, que ameazaran con sabotear o acto polo que reclamamos as autoridades tomar as previsións do caso”, sinalou o embaixador quen dixo que a actitude dos manifestantes foi violenta e que no acceso á sé diplomática golpearan a tres cidadáns.

O embaixador comentou que o bloqueo da legación era “unha agresión atroz contra as vítimas da guarimba, que xa sofreran a violéncia dos anos 2013 e 2014”. O oficial das forzas que acudiron á Embaixada, ofreceu ao representante de Venezuela a opción de os asistentes sairen do edificio por unha ringleira protexida a carón dos manifestantes, mais o embaixador recusou a saida dos convidados en condicións que cualificou de aldraxantes e indignas. Por fin o grupo violento despexou o lugar logo de manter pechada a embaixada de Venezuela durante varias horas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *