Unha nova declaración contra o Bloqueo será sancionada en breve polo Parlamento de Galiza

Terra Sen Amos – Redacción

Representantes da cultura e a política dirixiron a Mesa do Parlamento unha carta na que reclaman a declaración do pleno sobre a necesidade do fin do Bloqueo. Da sanción deste escrito pola cámara, pode resultar unha contribución expresiva da condena manifestada pola maioria do País contra o ilegal inxerencismo político, económico e comercial dos Estados Unidos contra a Revolución Cubana, causante dende 1961 de derramas materiais cifradas nun billón de dólares e graves consecuencias para a sociedade da illa. A orixe do escrito é unha carta promovida pola asociación “Haydee Santamaría”, encabezada polo premio Nobel da Paz, Adolfo Pérez Esquivel, o voceiro de AGE Xosé Manuel Beiras e o ex-voceiro do BNG Xavier Vence.

A maioria de esquerda do Parlamento de Galiza aprobara en 2008 outra moción contra o Bloqueo.
A maioria de esquerda do Parlamento de Galiza aprobara en 2008 outra moción contra o Bloqueo.

A carta reclama a Obama, na súa condición de Premio Nobel da Paz, asumir o compromiso de arriar “o inhumano bloqueo á irmá República de Cuba, librando de guerras todo o continente de América e facendo del un espazo de paz e de fraternidad entre pobos irmáns, coma soñaron Bolívar, Washington e o propio Xosé Martí”. Noutro parágrafo da misiva que trascendeu a varios medios de información, lémbrase que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas solicitou de Estados Unidos renunciar ao Bloqueo e comezar dialogo para a restitución dá base militar de Guantánamo ao pobo de Cuba.

No texto figuran, entre outras moitas, as asinaturas de Lidia Senra, deputada no Parlamento Europeo pola Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Grupo Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica. Xavier Couso Permuy,deputado no Parlamento Europeo (Delegación de la Izquierda Plural – Grupo de la Izquierda Unitaria Europea / Izquierda Verde Nórdica). Yolanda Díaz, cordenadora de Esquerda Unida  e Vicevoceira de AGE. Francisco Jorquera, voceiro do grupo parlamentar do BNG. Manuel Rivas, escritor. Xosé Luis Méndez Ferrín, escritor e ex-Presidente da Real Academia Galega. Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega. O recentemente falecido Xosé Neira Vilas, escritor, membro da Real Academia Galega. Anxo Angueira, poeta e presidente da Fundación Rosalía de Castro. Vítor Freixanes, editor, membro da Real Academia Galega. Néstor Rego Candamil, secretario Xeral da UPG. Candido Pazó, actor. Eva Solla, deputada de AGE e Secretaria Xeral do Partido do Comunista de Galicia. Consuelo “Chelo” Martínez García, deputada do parlamento Galego (CERNA). Miguel Anxo Fernán-Vello. deputado de En Marea. poeta e editor. Miguel Anxo Lores, alcalde de Pontevedra. Sandra González Álvarez, alcaldesa de Tomiño. Evencio Ferrero, alcalde de Carballo. Manuel Antelo Pazos, alcalde de Vimianzo. Enrique Portela, concelleiro de Cultura de Cuntis. Anxo García Seoane, alcalde de Oleiros. Xosé Luis Poceiro Martínez, alcalde de Vilaboa, e Xosé Manuel Pazos Varela, alcalde de Cangas.

Vintetrés de setembro de 2008, os grupos do PSOE e BNG aprobaran no Parlamento unha condena do Bloqueo na que se rexeitaban todas as inxerencias promovidas polos EUA contra a independencia cubana, e reclamaban á Xunta manter o esforzo de cooperación coa illa, especialmente na coordinación de axudas humanitarias para paliar os efectos de recentes furacáns de alta intensidade. A iniciativa properara pesia o voto en contra do grupo parlamentar do PP. Durante a exposición de motivos, o deputado nacionalista Xosé Ramón Paz Antón criticou duramente o paquete de sancións económicas e diplomáticas contra a República de Cuba aprobado pola Unión Europea (UE) en 2003 a proposta de José María Aznar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *