Unha nova terapia cubana pode revolucionar o tratamento do cancro

Un fármaco anti-tumoral producido en laboratorios cubanos a partir de péptidos de orixe natural, podería ser en breve o mellor tratamento para o cancro de tecidos brandos. Síntese de catorce anos de investigación, a solución actúa en áreas do corpo humano que son imposibeis de tratar con cirurxía, quimioterapia ou outras terapias modernas.

O fármaco foi administrado a un rapaz que hai uns meses libraba unha batalla coa morte a causa dun cancro cerebral mas que non podía ser intervido a causa do alto risco da operación. Os médicos decidiron tratalo co antitumoral en avanzada fase de probas, e o resultado foi sobresainte. “O paciente comezou cunha gran lesión hidrocefálica e foi tratado só con solución de peptídico natural. En maio pasado, a lesión alcanzou o seu tamaño mínimo ” explicou a especialista en ensayos clínicos da empresa farmacéutica estatal Labiofam, Niudis Cruz Zamora.

Unha nova terapia cubana pode revolucionar o tratamento do cancroA empresa pública cubana contempla a formulación dun produto capaz de resolver casos de cancro de mama, colon e próstata, que ocupan os primeiros lugares de mortalidade. “Non existe na base de datos internacional un principio activo con efectos semellantes a este fármaco”, comentou Alexis Díaz García, científico de Labiofam.

O importante avanzo dos investigadores cubanos, prodúcese no medio do bloqueo norteamericano que interfire a transferencia de tecnoloxía esencial para a exerimentación médica. En xullo de 2009, Estados Unidos sancionara con 128.750 dólares, a transnacional Phillips por ter vendido a Cuba aparataxe clínico. A multa, coma outras previas do pais norteamericano por comerciar con Cuba, é contraria ao dereito internacional.

O día 19 de setembro, o presidente da Sociedade Cubana de Anestesioloxia, Humberto Sainz, denunciou o bloqueo dos EUA contra Cuba por estorbar o desenvolvimento desta especialidade médica no país. En declaracións á axencia Prensa Latina, Sainz relatou o caso dun dispositivo supra-larínxeo, empregado como substituto do entubado indo-traqueal, vedado agora a Cuba ao ter adquirido a patente unha empresa estadounidense.

Ler texto completo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará