Vietnam con prensa pública e internet regulado, por exemplo

Iroel Sánchez – La Pupila Insomne    

A leitura de Internet lémbrame estes dias a John Kerry e o seu exemplo de Vietnam, coma país dinámico, cunha economía crecente, que escollera para nós na inauguración da embaixada estadounidense na Habana. Non dixo que nesa terra irmá, coa fortaleza cultural que supoñen miles de anos como nación antes de EUA existir, con oito veces a poboación de Cuba e a millentos quilómetros dos EUA, todos os medios de comunicación son de propiedade pública, e as regulacións sobre difusión de información por privados no Internet son moito máis restritivas que aquí. Dende fontes que non existen en Vietnam, din e calan o mesmo que Kerry sobre Vietnam.

Os grandes medios de Vietnam, o novo tigre asiático, permanecen en man do Estado e a torre de televisión de Hanoi é a máis alta do mundo.
Os grandes medios de Vietnam, o novo tigre asiático, permanecen en man do Estado e a torre de televisión de Hanoi é a máis alta do mundo.

Para nada estou dicindo que debamos copiar regulación ningunha de Vietnam, mais interesa saber o que agachan os mesmos que destinan cincuenta millóns de dólares anuais -varias veces o orzamento de todos os medios de comunicación cubanos xuntos- para nos dicer como debemos organizármonos nesta Illa. No país dinámico a xestión eficiente da economía e a ampla participación do sector privado no socialismo, non supoñen propiedade privada sobre os medios de comunicación.

Admirando ao pobo vietnamita coma o que máis, era ben incluír nesas opinións coincidentes o que acontecería aquí se, coma en Vietnam, que quedou arrasado pola guerra pero que a diferenza de Cuba ten petróleo até para exportar por máis 7000 millóns de dólares ao ano (cifras de 2014) logo de satisfacer as súas necesidades internas, e está situado na rexión do mundo onde máis creceron investimentos e comercio nas últimas décadas, o 25% dos cubanos non tivese asegurada atención médica, o 10% non soubese ler nin escreber, morresen catro veces máis menores dun ano dos que falecen hoxe nesta Illa e a esperanza de vida promedio fose seis anos menor. Gardaría iso relación cos recursos do Estado Cubano para orzamentos de saúde, educación e seguridade social? Poñamos que eses recursos se recortaran, con indiscutíbel repercusión negativa nos indicadores antes citados, e se cadra atinxiríanse os niveis de crecemento económico do 7% anual sinalados como necesários para a economía cubana. E sendo asi, percibirían os cubanos como socialismo e prosperidade vivir menos anos, veren enfermar seus familiares e morrer máis, endebén unha parte do povo tivese maior acceso a bens de consumo?  Sosteriase no poder en Cuba un governo que fixese tal?

Hai moito por cambiar en Cuba, as respostas non son sinxelas. The Guardian recoméndannos buscar dende dentro de nós solucións para o desenvolvemento, e ben está aprender doutros referentes e das cousas que outros fan ben ou moi ben, mais sempre mirando todos os datos, non vaia pasar como coas eleccións en Estados Unidos, que, por seguir só o que a prensa aliada a Kerry quixo que soubermos, fomos informados con detalle de todas as arroutadas de Donald Trump mais non de que foi Citibank quen nomeou o goberno co que levamos negociando públicamente hai dous anos para despois avalar as explicacións dos mesmos medios que non dixeron a verdade:  foron o activismo sen intermediarios das persoas nas redes sociais e as mentiras neses espazos, fronte á información responsable dos grandes medios, quen determinaron o resultado. Coma se os grandes medios non mentisen e o candidato gañador non investise millóns e millóns en operadores nas redes sociais e en medios dixitais. Ten razón José Stenisleger cando entoa co acento de Groucho Marx: ter o tupé de manipular os feitos con enfoques pretextamente obxectivos, cambiados por outros así que a realidade os desmente.

Versión orixinal: http://lapupilainsomne.wordpress.com/2016/11/23/hay-que-decirlo-todo-por-iroel-sanchez/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará