Vintecinco confidencias sobre as negociacións secretas entre Fidel e Kennedy

Salim Lamrani – Al Mayadeen.
Fidel Castro e John F. Kennedy abriran hai máis de medio século, negociacións secretas para normalizaren relacións entre Cuba e EUA. Robert Kennedy Jr., sobriño do presidente asasinado, recupera aqueles feitos e encomia a política de achegamento de Obama coma unha vía que pode facer realidade o soño do seu tío. Salim Lamrani, doutor en Estudios Ibéricos e Latinoamericanos da Sorbona-IV, é profesor da Universidade de La Reunión, xornalista e estudoso das relaciones entre Cuba e Estados Unidos. O seu último libro “Cuba, the Media, and the Challenge of Impartiality” publicado pola Monthly Review Press (2014) ten un limiar de Eduardo Galeano.

Fidel con Kruschev. O cerco dos EUA á Revolución Cubana comeza antes da relación entre a illa e a URSS.
Fidel con Kruschev. O cerco dos EUA á Revolución Cubana comeza antes da relación entre a illa e a URSS.

1. Trala crise dos misiles de outubro de 1962, limiar dun enfrontamento nuclear, e a resolución do conflito coa retirada dos misiles soviéticos de Cuba e dos misiles estadounidenses de Turquía, o presidente John F. Kennedy resolveu emprender un proceso de normalización das relacións con Cuba.
2. Durante a súa viaxe á Unión Soviética en 1962, Fidel Castro conversou con Nikita Kruschev sobre Kennedy. Segundo o sobriño do antigo presidente, Castro regresou a Cuba coa vontade de buscar unha vía de diálogo cos Estados Unidos.
3. En 1962, Kennedy encomendou a James Donovan, avogado neoyorkino, e a John Dolan, asesor do Ministro de Xustiza Robert Kennedy, a misión de negociar a liberación dos 1.500 invasores de Badía de Cochinos. Nun encontro cos emisarios de Washington, Fidel Castro declarou a súa disposición a normalizar as relacións cos Estados Unidos e a establecer lazos baseados na igualdade soberana, a reciprocidad e a non inxerencia nos asuntos internos. O meu pai Robert e JFK devecían por saberen máis de Fidel Castro e pediron a Donovan e Dolan referencias personais do líder cubano. A prensa estadounidense tratara Fidel coma alcohólico, neurótico, malfalado, agresivo e nugallán. Dolan precisou: “A nosa impresión non cadra coa imaxe común. Castro é un home quedo e ordenado, doado, curioso, ben informado, agradábel e grande conversador”.
4. Aos dous informantes, veulles aos ollos a enorme popularidade do Governo revolucionario econfirmaron os informes da CIA ao ver as ovacións espontáneas que recibía Castro ao entrar nos estadios de béisbol.
5. John F. Kennedy era consciente das aspiracións dos cubanos á independencia e á dignidade e comprendía a xenreira popular contra EUA.
6. Entrevistado pola xornalista estadounidense Lisa Howard, Fidel Castro maniifestou o seu propósito de chegar a un entendemento cordial cos Estados Unidos.
7. JFK considerou a reanudación das relacións con Castro, iniciativa que acendía todas as alarmas. A simple mención da distensión con Fidel, era unha bomba política. Estaban ás portas as eleccións presidenciais de 1964.
8. Setembro de 1963, Kennedy encargou William Attwood, antigo xornalista e diplomático estadounidense nas Nacións Unidas, abrir conversas secretas con Castro.
9. O mesmo mes, Kennedy tamén abriu canle secreta de comunicación con Castro a través do xornalista francés Jean Daniel. Antes de viaxar a Cuba para entrevistar ao Primeiro Ministro cubano, Daniel recibiu de JFK na Casa Branca, unha mensaxe para Castro.
10. “Creo na sinceridade de Kennedy e coido que esa sinceridade podería ter hoxe un significado político”, comentou Fidel a Jean Daniel. Aínda ten a opción de se converter no máis grande presidente de Estados Unidos, o líder que entenda por fin que pode haber unha coexistencia entre capitalistas e socialistas, até no continente americano. Sería daquela un presidente tan grande coma Lincoln”.
11. Diante as zafrañas de Kennedy contra a alianza con Moscova, Fidel lembrou que a inxerencia dos Estados Unidos era ben anterior ao achegamento de Cuba coa Unión Soviética, e prévia ao pretexto do comunismo.
12 A CIA revírase contra o cambio de política cara á Habana e coida que a distensión é sediciosa. Adlai Stevenson, entón embaixador de Estados Unidos nas Nacións Unidas, acautela ao presidente Kennedy: “Por desgraza, a CIA leva conta de Cuba e noon vai permitir a normalización das relacións”?.
13. “A CIA estaba informada dos contactos secretos de JFK con Castro e fixo todo o posible para sabotear os esforzos de paz”
14. Abril de 1963, “axentes da CIA puxeron secretamente un veneno mortal nun traxe de mergullo co que James Donovan e John Dolan, emisarios de JFK, querian agasallar a Fidel.  A CIA pretendía matar a Castro coa impregnación letal do traxe de neopreno, e acusar a Kennedy do asasinato para desprestixialo e arruinar os esforzos de paz”.
15. A CIA renegaba do presidente ao que xurara servir, segundo William Attwood.
16. Líderes do exilio cubano expresaban o seu noxo pola “traizón” da Casa Branca e acusaban a JFK de traballar pola coexistencia con Fidel. Un fato de fanáticos anticastristas puxeron JFK no seu ponto de mira e hai indicios da implicación deses homes e dos seus mestres da CIA, nunha conspiración para asasinalo.
17. 18 de abril de 1963, José Miró Cardona, ex-Primeiro Ministro do Goberno revolucionario e daquela líder do Consello Revolucionario cubano creado pola CIA, acusou Kennedy de traizón e advertiulle das consecuencias: “Só queda un camiño a seguir e seguirémolo: a violencia”.
18. Santo Trafficante, xefe da mafia e zar dos casinos da Habana, colaborador da CIA en varios complots para asasinar a Castro, informou aos seus socios cubanos que JFK estaba a piques de ser liquidado.
19. O día do asasinato de John F. Kennedy, 22 de novembro de 1963, Fidel Castro estaba reunido con Jean Daniel, emisario secreto do presidente estadounidense. Ao saber a noticia, Fidel comentoulle ao xornalista francés: “A qui remata a súa misión de paz”.
20. Tralo asasinato de JFK, Castro pediu a Lisa Howard, Adlai Stevenson, William Attwood e a outros que mediasen con Lyndon Johnson, sucesor de Kennedy na Casa Branca, para retomaren o diálogo. Johnson ignorou a demanda.
21. Robert Kennedy, daquela ministro de Xustiza, tamén tentóu Johnson sen éxito para reanudaren conversacións coa Habana.
22. O irmán do presidente asasinado fixo por acabar coa prohibición de os norteamericanos viaxar a Cuba: “As restricciones das viaxes son contradictorias coas liberdades americanas tradicionais”.
23. Dean Rusk, secretario de Estado, tomou a decisión de illar Robert Kennedy, por ser favorábel demáis a un entendemento con Cuba.
24. “De non haber atentado en Dallas, teríamos aberto negociacións e normalizado as relacións con Cuba”, dí William Attwood.
25. Fidel Castro rendeu homenaxe a JFK: “Kennedy, no momento de ser asasinado, estaba a cambiar a política con Cuba. De certo xeito setiámonos honrados de ter semellante rival. Era un home formidábel”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *