VOCES DE TODO O MUNDO DEFENDEN O DIREITO DE RENÉ GONZÁLEZ A PARTICIPAR NA ASEMBLEA DOS CINCO EN LONDRES

TERRA SEN AMOS/Redacción.

Venres e sábado celebra Asemblea en Londres a Comisión Internacional sobre o Caso dos Cinco Cubanos. René González, heroe de Cuba saido da cadea norteamericana en 2011 e derradeiramente autorizado a regresar a Cuba hai un ano, é un particiante e orador sobranceiro citado pola Comisión. O gobierno británico, negou a tres días da Asemblea, visado para René entrar en Inglaterra, a conta dun veto a persoas con antecedentes penais que o gabinete de ultradereita de Cameron aplica arbitrariamente sobre os seus adversarios ideolóxicos.

VOCES DE TODO O MUNDO DEFENDEN O DIREITO DE RENÉ GONZÁLEZ A PARTICIPAR NA ASEMBLEA DOS CINCO EN LONDRESA decisión de Cameron é un aldraxe contra unha persoa que combatendo o terrorismo imperialista contra Cuba, foi privado de liberdade durante trece anos, mediante un proceso sen garantías e con ocultación de probas fundamentais da defensa. Londres abdica do seu orgullo comopolita e faise provinciana por orde dos Estados Unidos. “Cada día dos 13 anos que René pasou na cadea foi inxusticia pura -indica a Comisión Internacional dos Cinco- e negarlle o visado en vista da sentencia, é una inxustiza a maiores”.

A Comisión Internacional propón esixir ao primeiro ministro británico mudar esta aberrante decisión e permitir a René tomar parte na Asemblea.

O correio do xefe do goberno, pode accederse neste enlace.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará