Washington forza a banca panameña Multibank a conxelar contas con Cuba

Berenice Sobral – Miami

A banca panameña Multibank pechou as contas de empresas da Zona do Canal que tiñan relación comercial con Cuba. A decisión foi protestada polas empresas vetadas, que recibiran antes seguridades de parte da institución bancaria de non estaren incursos nas sancións previstas na Lei Helms Burton para as transacción en dólares con Cuba, xa que os xiros realizábanse na moeda de Panamá. A sorpresiva decisión de Multibank foi resoltamente interpretada coma unha volta máis do Bloqueo, na escalada do goberno Trump por atrancar o comercio cubano.  

Imaxe dunha recente protesta en Miami contra o Bloqueo.

Multibank concentróu dende 2006 a maioria do cobros e pagos entre Panamá e Cuba, baixo a norma de empregar a moeda local para transferencias. Mesmo que o banco fixera por explicar a sorpresiva medida de fins de marzo como parte dun proceso de reforma de práticas de xiro, medios bancarios do Canal non ocultaron que se trataba do cumprimento das ameazas por parte de Washington contra as transaccións con Cuba, coincidentes co que consideran unha vinganza do grupo de presión anti-cubano de Miami contra a breve apertura de Obama.

Multibank, terceiro banco de Panamá por volume de activos anunciara, novembro de 2015, o seu propósito de instalarse en Cuba con mentes de atraer inversión a illla dacordo coas novas normas económicas a respeito de capital internacional. “Multibank adianta os mellores prognósticos para o comercio con Cuba –declarara naquela altura o presidente do banco de Panamá- e ten mentes de establecerse en Cuba, tanto para respaldar as institucións da illa como para intermediar co empresariado de todo o mundo interesado por investir alá”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *