Washington paga subornos millonarios contra as brigadas médicas cubanas

Frank Soutullo (Jacksonville) – Terra Sen Amos

 Por axudar a salvar vidas no mundo, as brigadas médicas cubanas son obxecto de sabotaxes e atrancos de parte do actual goberno dos EUA a traveso das axencias operativas da CIA. O sistema médico público máis internacionalista, imaxe do altruismo, rigor e espírito solidario dunha pequena illa sen recursos, é o último obxectivo a batir da axência USAID que oferece recompensas millonarias a calquera organización delincuente disposta a pór trabas ao labor das brigadas médicas de Cuba. Unha verdadeira cazata convocada polo Imperio contra a medicina solidaria por excelencia, brindada dende Cuba ao mundo quer para situacións de catástrofe quer para asistencia primaria ou tratamentos clínicos específicos que coma no caso da Misión Milagro ten devolto a vista a máis dun millón de persoas con cataratas.

USAID forma parte da arañeira de axencias e organizacións non gobernamentais que reciben ordes directas da CIA.

O anuncio da USAID  contén falácias de vulto e puros insultos contra o internacionalismo médico cubano, na liña do que xa adiantara o Ministerio de Estado do goberno de Washington na súa proposta de incorporar Cuba a lista de paises que permiten o tráfico de seres humanos.

O presidente cubano, Miguel Díaz-Canel, denunció a campaña de mentiras contra Cuba e dixo que EUA carece de autoridade e moral e recorre coma sempre a mentiras e difamacións sobre unha colaboración médica que é  exemplo de solidariedade, humanidade e cooperación nobre e lexítima entre os países do Sul.

De feito o goberno de Donald Trump chega ao esperpento de declarar obxectivo de guerra a un sistema de defensa da vida e a saúde que foi repetidas veces declarado como exemplo a seguir pola Or­ganización Mundial da Saúde  (OMS) O sistema de saúde de Cuba ten probado a súa capacidade de xestión no tratamento de situacións de toda clase de emerxencias coma a do Ébola ou padecementos crónicos do Sul ao tempo que consolidaba na illa indicadores de saúde superiores aos dos propios EUA cuxo goberno, que terma no cerco da illa dende hai máis de sesenta anos, declara agora que as brigadas médicas de Cuba son obxectivo militar e extratéxico de emerxencia. No de hoxe, para o Estado que promoveu a Carta de San Francisco (1945) as armas e a violación da Lei internacional son antes que a vida.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará