Washington pretende aillar a Cuba coma en tempos da Guerra Fria

Bruno Rodríguez Parrilla, ministro de Estado de Cuba, resolveu ante xornalistas de todo o mundo, de que materia política faise “o consenso” dende o Río Grande á Patagonia a cada que os paises da Nosa América ignoren o bloqueo contra Cuba. A pregunta da correspondente da BBC na Habana Sarah Rainsford, o ministro dixo:

“O consenso para este asunto (o proposto Cumio das Américas en Bogotá) quere dicer a autorización de Washington e era ben que esa pregunta lla dirixira ao Governo norteamericano”. O Bloqueo é un crime e un erro que dura 50 anos, recordou o ministro.

Washington pretende aillar a Cuba coma en tempos da Guerra FriaA exclusión de Cuba está fóra da lóxica, do dereito e do que é tolerábel nas relacións entre Estados. Pregúntanlle a Cuba se ten vontade de asistir ao Cumio e Cuba contesta afirmativamente sempre que poda intervir en igualdade de condicións e dereitos.

Os países da ALBA están a denunciar unha exclusión arbitraria, propia da Guerra Fría, fóra do tempo e impropia da relación que o goberno dos Estados Unidos asegura querer construir coa América Latina e o Caribe e que non pode ser igual ca dos anos noventa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *