Washington recusa os comicios bolivarianos contra a confianza probada do pobo de Venezuela e do resto do mundo

Reina Lorenzo – Caracas

A maioría favorábel a fronte bolivariana, que saiu con 20 dos 23 estados da RBV, deu lugar ao presidente constitucional Nicolás Maduro pedir diálogo e confianza a todas as formacións políticas para garantiren xuntos o progreso e a paz en Venezuela. No entanto, Washington cualificou de farsa os comicios malia contaren co voto de confianza de observadores de 55 países e dispor, pola primeira vez en 15 anos, dunha lexión de veedores da UE que ratificaron os resultados oficiais.  A guerra do goberno de Washington contra a democracia na República Bolivariana, arreciara en 2019 co recoñecimento polo departamento de Estado dos EUA do golpista Juan Guaidó, a invasión frustrada dende Colombia (de deseño semellante ao SOS Cuba da CIA) a fracasada coronelada na base militar de La Carlota, a acollida na embaixada de España en Caracas do prófugo Leopoldo López , o desacato da Asamblea Nacional e a detención dun comando da CIA en 2021  que pretendia asasinar a Nicolás Maduro. Os fiscais da limpeza procesal do comicio enviados pola UE, recusaron comentar a feroz oposición ao Governo Constitucional de parte de 400 medios de difusión privados, entre diarios, radioemisoras e canais de TV.

Biden recupera ao presidente pantasma Guaidó, fabricado pola CIA en 2018 e recusado por Trump. O escudo do goberno caeu sobre os seus calcaños cando previsibelmente cualificaba onte as eleccións de fraude.

O Partido Socialista Unido de Venezuela (PSUV) no goberno, gañou nos estados  de Amazonas (40.16 %), Anzoátegui (45.98%), Apure (43.33%), Aragua (51.76%), Barinas (42.10%), Carabobo (54.94%), Delta Amacuro (59.95%), Falcón (43.39%), Guárico (47.07%), La Guaira (50.12%), Lara (45.91%), Mérida (40.42 %), Miranda (48.19%), Monagas (45.59%), Portuguesa (45.78%), Sucre (46%), Táchira (41.03%), Trujillo (41.48%) y Yaracuy (45.89%).

Os opositores gañaron en tres estados: Cojedes (48.52 %) e Zulia (56.90 % ) que foron para a Mesa de la Unidad Democrática (MUD) e o de Nueva Esparta para Fuerza Democrática, co 42,65% . O boletín del CNE cifróu a participación en 41.80 por ciento.

“As forzas revolucionarias acadamos 21 de 24 estados. Unha boa vitoria que procede de levar a verdade con rectitude a todas as comunidades”, dixo o presidente Nicolás Maduro despois de expresar a esperanza de poder traballar cos opositores eleitos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *