Xornada popular na Habana en defensa do patrimonio forestal

A Habana, 5, Prensa Latina.

A capital desenvolveu onte un rico programa educativo para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente, centrado no cuidado do planeta e na promoción da conciencia ecolóxica das novas xeracións. O lema deste ano é As Fragas e a Natureza ao seu Servizo e procura pór en evidencia as consecuencias da deforestación e da degradación forestal.

Mostras, proxecións de documentais, sementeira de chantóns, palestras sobre a proteción da flora e fauna cubanas e unha completa brigada popular de limpeza da badía habaneira foron algúns dos rubros do programa. Tamén foi inaugurada a proposta gráfica “Biodiversidad es vida” sobre diversas visións da temática mediomabiental, expuesta nas reixas do Castelo da Real Forza, á beira do porto habaneiro.

Xornada popular na Habana en defensa do patrimonio forestalAtraeu moito público a estrea do documental “Bosques e humanidade”, do realizador e fotógrafo francés Yann Arthus-Bertrand, vídeo oficial do 2011 como Ano Internacional dos Bosques declarado pola Asemblea Xeral da ONU.

A sementeira de barbadas e chantóns nas rúas do centro histórico habaneiro, coa participación de escolinos do proxecto Aulas Museu e o reparto de premios dos concursos para fomento do interese infantil no cuidado e adianto da cuberta forestal, atrairon moito público. O programa continuará esta semana con mostras das máis de 1.600 variedades de bolboretas que habitan o arquipélago, a influencia del cambio climático nas costas cubanas, e a visión das imaxes en grande formato do fotógrafo argentino Marcelo Gurruchaga, titulada Madre Tierra.

A responsabilidade do programa do Dia Mundial do Medio Ambiente é da Oficina do Historiador e da Sociedade Patrimonio, Comunidade e Medio Ambiente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *