Yoani Sanchez recibe 60.000 dólares de Yahoo para estudar xornalismo nunha universidade dominada pola CIA

Alina Maceda-Terra sen Amos

Yoani Sánchez ven de recibir de Yahoo unha bolsa de sesenta mil dólares para ampliación de estudos na universidade de Georgetown. Promovida polo exilio contra-revolucionario de Miami e a CIA, Sánchez recebera cantidades millonarias por reclamar para Cuba mediante crónicas en Internet a urxente adopción do modelo norteamericano de consumo e propaganda.yoanisanchezusaA universidade de Georgetown anunciou que Yoani estudará xornalismo na escola de Servizo Exterior e Diplomacia. A CIA fomenta desde hai anos en Cuba a aparición de xornalistas independentes cuxa característica fundamental, por riba do seu coñecemento da profesión, é a de actuar contra a Revolución e a prol do imperialismo.

Jean Guy Allard, xornalista de Quebec que traballa en Cuba, di que a biografía de Sánchez comeza en Suiza cando o axente do BND alemán, enlace da CIA e asesor de Seguridad no departamento 211 da Chancelería (Budeskanzleramt), Volker Pellet, fichouna para enviar crónicas desde Cuba.

Sánchez recibirá 60.000 dólares de Yahoo, mais 5.000 para  gastos. No cadro de honra da universidade de Georgetown figuran Madeleine Albright, Henry Kissinger, Alexander Haig, Ron L. Hubbard, fundador da Igrexa da Ciencioloxia, Edgar Hoover xefe do FBI durante a Caza de Bruxas e Jack Abramoff. Os xefes da CIA George Tenet, Robert Gates, favorito de George W. Bush e David Petraeus a quen James Petras denunciara como agente israeli.

Felipe VI e Bill Clinton tamén foran alumnos de Georgetown, xunto da dereitista costarricense Laura Chinchilla e o presidente salvadoreño Alfredo Cristiani, implicado na masacre dos seis xesuitas en San Salvador, 6 de novembro de 1989. Mais ningún deles pode superar a biografía represora de Allen Dulles, organizador do golpe de Estado contra Jacobo Arbenz en Guatemala (1954), e dos atentados contra a nacente Revolución cubana. Dulles ordenara dinamitar o barco francés La Coubre no porto da Habana, con resultado de cen mortos, e promovera con Richard Nixon, a Operación 40, con 40 agentes e mercenarios – entre outros Luis Posada Carriles e Orlando Bosch – limiar da invasión de Praia Girón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *