A “Francisco Villamil” condena as ameazas da extrema dereita contra Mónica Sánchez e Farruco Sesto, conferenciantes o próximo 25 en Marin

Terra Sen Amos – Redacción

Vindeiro 25 de maio, ás 20 horas en Marín, no Museo Municipal Manuel Torres (avda. Ourense), terá lugar unha conferencia da cónsul xeral de Venezuela en Galiza, Mónica Sánchez, e de Farruco Sesto, escritor galego e mestre arquitecto que foi Ministro de Cultura e de Ordenamento Urbano no país caribeño. A Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil fixo público un comunicado no que condena as ameazas da extrema dereita venezolana de rebentar o acto.  (Consultar a crónica sobre o bloqueo da embaixada, con retención do embaixador de Venezuela e das persoas asistentes a unha charla sobre as vítimas das guarimbas en : http://www.terrasenamos.org/unha-guarimba-bl…ezuela-en-madrid/ ‎   

Estado en que ficou o cuartel de La Grita, no estado Táchira, logo dun ataque paramilitar de máis de seis horas.

“A catadura moral dos que pretenden impedir a celebración da conferencia –sinala a Francisco Villamil- móstrase claramente no panfleto que distribuíron, onde cualifican os posibles asistentes ao acto como hijos de puta chavistas. En xornais e televisións, a extrema dereita venezolana é presentada como inocente vítima da represión do presidente Nicolás Maduro. Esa falsidade pode desmentirse consultando a ligazón http://albaciudad.org/2017/05/lista-fallecidos-protestas-venezuela-abril-2017/  na que aparece a lista das persoas mortas nas violentas protestas antichavistas e as circunstancias nas que perderon a vida. A crueldade de ditas protestas pode verificarse igualmente na ligazón  https://www.youtube.com/watch?v=79Wj36Sau08 onde se ve como un autobús conducido por opositores é lanzado contra a policía, causando a morte de dous axentes”.

O comunicado remite ainda a ligazón https://www.youtube.com/watch?v=_0CukqrU3dM onde é posibel comprobar como Leopoldo López, líder opositor hoxe en prisión, dirixira o secuestro do Ministro de Interior, Ramón Rodríguez Chacín, durante o fallido golpe de estado contra Hugo Chávez o 11 de abril de 2002.

“A oposición venezolana –remata o comunicado- non só busca derrocar pola forza ao presidente Nicolás Maduro, elixido democraticamente en 2013, senón que incluso pretende impoñer a súa autoridade no noso país e impedir que nós, galegas e galegos, poidamos desprazarnos a onde libremente decidamos. E por todo iso, chamamos a todas as persoas demócratas a difundir activamente a conferencia de Marín do 25 de maio e a estar presentes nela para disuadir a estes individuos da tentación de converterse nos matóns que aterrorizan as nosas rúas”.

A CIG ESIXE RESPECTO POLO PROCESO DEMOCRÁTICO BOLIVARIANO

No entanto A Confederacion Intersindical Galega ven de sumarse á protesta que  organizacións sindicais do estado español veñen de facer un público para expresaren seu pleno apoio ao proceso democrático e bolivariano do pobo de Venezuela, e recusar calquera intento de desestabilizaciondo do país ao tempo que e denuncian a campaña de intoxicación mediática.

O texto suscrito pola CIG é o seguinte:

“Entendemos, independentemente das valoracións que cada organización poida facer sobre as decisións que as autoridades están adoptando en Venezuela, que nos últimos 18 anos as maiorías sociais de Venezuela puxeron en marcha un proceso de emancipación social e nacional encamiñado a superar as enormes desigualdades existentes no país e transformalo cara unha sociedade máis xusta, libre e soberana. Esta foi a esencia do proceso político bolivariano. Por iso reclamamos o máximo respecto para co proceso”..

Entendemos este proceso dentro dun proceso máis amplo que se está desenvolvendo en América Latina desde o inicio do século XXI. Procesos de cambio de cultura política e emancipación que buscan un cambio baseado na igualdade de dereitos e a xustiza social. E é por isto que o capital e o imperialismo (cuxo maior expoñente o representa EEUU) puxeron en marcha toda a súa maquinaria para botar abaixo os gobernos que apostan por elas, como se demostra nos casos de Guatemala, Brasil, Arxentina e, agora, Venezuela”.

“Por estes motivos rexeitamos calquera intento violento fomentado e organizado por quen teñen interese en crear un clima de caos nun país, que estea destinado a desestabilizar o país e a un goberno lexítimo elixido democraticamente. O diálogo, e non a violencia, debe ser o camiño para afrontar os conflitos políticos e sociais”.

“Así mesmo consideramos parciais e hipócritas certas inxerencias externas, e máis cando reina o silencio máis absoluto diante da vaga de asasinatos -de máis de 80 líderes sociais e defensores de dereitos humanos- que está ocorrendo en Colombia logo da sinatura do acordo de paz do pasado 2016”.

“Neste sentido reafirmámonos no dereito de todos os pobos a elixir libre e democraticamente o seu futuro político”.

“Finalmente saudamos o proceso constituínte como mecanismo democrático e de participación popular do pobo de Venezuela”..

“Denunciamos, pola súa desproporción e manipulación, a campaña de intoxicación mediática que se está levando a cabo contra Venezuela por parte dos medios de comunicación “oficiais”, como outro instrumento máis ao servizo das partes interesadas en botar abaixo ao actual goberno, e cun trato discriminatorio entre este e as organizacións opositoras”..

Asinantes: LAB, ESK, STEILAS (Euskal Herria) CUT Aragon, CUT Galiza, CIG Galiza, IAC, COS y CSC de Catalunya, Intersindical Valenciana (País Valenciá), Sindicato Andaluz de Trabajadores (SAT), CSI Asturies, Intersindical Canaria (Canarias) Confederación Intersindical y Sindicato Ferroviario (Estado Español).

a c

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará