A revista Tempo exterior aborda as reformas do VI Congreso desde a perspectiva cubana

Ventil Carvalho

A revista semestral Galega Tempo exterior convoca no seu último número voces de Cuba para analisar o proceso de reformas promovido polo Partido Comunista e aprobado no seu VI Congreso, logo dun intenso debate de base que comprometeu toda a illa. O artigo inicial é de Juan Valdés Paz, sociólogo estrela da revista Pensamiento Crítico e do Centro de Estudios Sobre América.

Juan Valdés Paz
Juan Valdés Paz

Desde os 80, Valdés reclama o uso pleno do sistema de participación política da Revolución, que el coida interquenado pola propia xerarquía de governo. O urxente en Cuba, ao seu ver, non é mudar o poder revolucionario senón aplicar as leis. En liña con esta obxección, recoñece un amplio acordo popular sobre o diagnóstico dos problemas e discrepancias sobre as solucións en camiño.
A muda do público en privado anunciada nas novas propostas de propiedade, engade o autor, só serán posibeis mediante a autoxestión dos traballadores e unha desestatización parella de todas as relacións sociais. No caso de non adiantar a trasnsparencia e a democracia, Valdés teme a persistencia e mesmo o aumento da burocracia nun edificio institucional ampliado.
Outros traballos do monográfico ocúpanse da evolución do sector produtivo, a dualidade monetaria, o turismo internal, a transformación da gandeiría e a agricultura, as estratexias de desenvolvimento, a Prensa en Cuba e as relacións coa UE e coa CELAC.

“Cuba ou a dificil arte de conquistar o simposibel” é o título do derradeiro artigo deste número 28 da revista e débese a Soledad Cruz Guerra, xornalista e escritora, embaixadora de Cuba na UNESCO de 1994 a 200.  Cruz Guerra recorda un inconvinte maior que todos os propósitos de governo en 56 anos Revolución: a hostilidade e inxerencia do capitalismo: “Cuba sofre hoxe as consecuencias de se ter proposto construir unha sociedade diferente e a contrafío da tendencia xeral do capitalismo mundial que lonxe de resolver problemas económicos como os que amolan á nación caribeña, agudizounos non só nas tres cuartas partes pobres do planeta, senón nas nacións máis ricas do orbe”.

O limiar deste número de “Tempo exterior”, asinado polo seu diretor, anuncia que “na Habana, desde 2008 está en marcha un proceso de transformacións que conta con cada vez maior respaldo internacional”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará