“Cuba probou que socialismo é posibel, mesmo coa bota dos Estados Unidos enriba” (Carlo Frabetti)

Terra Sen Amos – Redacción

Carlo Frabetti, matemático e escritor residente en Catalunya, é un dos autores máis lidos en Cuba e as súas obras venden en todo o mundo. Por ter asinado un manifiesto de denuncia da campaña de Prisa contra Cuba e Venezuela, a editora dos seus éxitos en Madrid (Santillana, do grupo Prisa-El Pais) recusou editarlle novos títulos endebén non deixase de vender os seus grandes éxitos. “Escrebendo conseguin gañar abondo para viver, mais polo activismo político non só non che pagan senón que chas fan pagar caro”, declara nunha entrevista publicada no sitio Jotdown.

Carlo Frabetti fala con admiración do socialismo cubano mesmo contra o critério reaccionário da editorial que vende con grande éxito os seus libros en todo o mundo.

“Escribín un manifiesto que asinamos cen persoas denunciando a campaña de Prisa contra Cuba e Venezuela e deseguida souberon que fora eu quen o redactara. Os meus amigos dentro de Prisa chamáronme miñaxoia: non comprendian como escribira semellante texto. A denuncia era contra o Grupo Prisa e contra escritores e intelectuais que asinaran un manifesto pedindo democracia en Cuba. Nós contestamos preguntando por qué non pedían democracia en España. Eis a idea. Ao saberen que fora eu quen redactara o manifesto e recadara asinaturas, dous libros que tiña pendentes de publicación chegáronme de volta por correo. Pasado un mundo de tempo, chamáronme de Santillana para volver editar con eles”.

Frabetti é o autor non cubano máis lido e reeditado en Cuba. “Visitei regularmente Cuba a partir e 2002. Nunha das primeras conversacións con Fidel (co que tiven o privilexio de traballar e discutir) preguntoume que fora o que máis me sorprendera de Cuba e contesteille: “que os rapaces non choran e que os maiores non lles berran”. En España ou en Italia, a publicidade é agresiva e pode que te cheguen mil impactos diarios, un cada minuto. Eis a razón de vivirmos rodeados de nenos fóra de si, a pedir cousas sen parar, e de pais que corrixen aos pequenos. En Cuba non ves cativos chorando nin maiores a berrarlles, dúas cousas que teñen moito que ver coa ausencia de publicidade e de consumismo desaforado”.

“Segue a pensar que o modelo é Cuba?”, preguntan a Carlo Frabetti na entrevista con Jottdown. “Nunca dixen que o modelo fose Cuba: o que eu afirmo é que Cuba probou que o socialismo é posíbel, mesmo coas sortes de cara e coa bota dos Estados Unidos enriba. Os cubanos cometeron moitos erros, non son perfectos, mais están no bon camiño. Un exemplo: se os Estados fosen persoas, Cuba sería unha boa persoa, cos seus erros e defectos, mentres Estados Unidos, Alemania, España, Italia, serían Al Capone ou Jack el Destripador. Ou as dúas cousas de vez. En Cuba pode haber racismo, machismo, corruptela, todo, mais ten un nivel de solidariedade e unha vontade de superación exemplares”.

Entrevista completa neste enlace: https://www.jotdown.es/2018/07/carlo-frabetti-he-vendido-mas-ejemplares-de-malditas-matematicas-que-de-los-otros-cien-libros-juntos-vivo-de-ese-libro/

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará