Encontro solidario de Porto e Galiza contra o bloqueo, 25 e 26 en Compostela

O bloqueo político, financeiro e comercial decretado polos Estados Unidos contra Cuba é o máis prolongado e inxusto da historia das relacións internacionais. É, ao mesmo tempo, a inxerencia máis desigual, perpetrada polo imperio máis armado e poderoso que teña existido no planeta, contra un país incomparabelmente inferior en poboación e en recursos económicos.

Contra esta situación, recrudecida nos últimos tempos, militantes da solidariedade de Porto e Galiza celebrarán os dias 25 e 26 de xuño en Compostela un encontro convocado pola asociación Porto com Cuba e a Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”.

Encontro solidario de Porto e Galiza contra o bloqueo, 25 e 26 en CompostelaCo lema “Cuba Livre do Bloqueio”, amigos de Cuba das dúas beiras do Miño procuran nesta convocatoria sumar esforzos contra a prolongada intromisión xenocida que xa foi condenada quince veces por maiorías na Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Rachar o muro de silenzo da información dominante sobre o bloqueo, criar redes de comunicación que poidan trascender a denuncia contra esta violación da Lei internacional, será outra das preocupacións do encontro de Compostela que igualmente quer trasmitir á opinión pública a inxustiza do secuestro imposto polo Governo norteamericano contra os Cinco Heroes, presos por evitaren co seu arriscado traballo atentados terroristas, e censurados na información do capital.

A Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, invita ás persoas interesadas a remitiren as súas ideas de solidariedade a direccao@portocomcuba.org e a galegocubana@gmail.com.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará