Internet, o arrabaldo que a esquerda ignora

Rosa Miriam Elizalde – La Jornada

Hai pouco máis dun ano, a Universidad de Ciencias Informáticas (UCI), da Habana deu os  resultados dun estudo sobre as interaccións en Twitter de 105 organizacións políticas de América Latina e o Caribe, e de 139 líderes da rexión vencellados ao Foro de São Paulo. Nun diagrama probou que as relacións entre eles apenas existen ou son moi febles, caso de se daren.A nova é pésima,mais non sorprende. A a esquerda afíxérase de vagar aos códigos da prensa escrita, da radiodifusión e a TV, pero a realidade líquida de internet escóalle entre os dedos. Non se comprende ou se subestima o comportamento dos novos suxeitos políticos, nunha era na que a rede permitiu agrupar a xente que tiña vedada a palabra pública, para ben e para mal.

Visitas a redes durante un minuto en 2018


Internet podía ser un punto de apoio para o cambio no discurso político e o proceso parecía estar en marcha na década do 80, cando a academia e as iniciativas cidadás imprimíronlle un carácter descentralizado, horizontal, aberto. Mais agora, excepcións aparte, produciuse un xiro á dereita, reforzado pola estrutura actual da rede, altamente centralizada, onde as decisións sobre o que se lé, se consome ou se debate quedaron en moi poucas mans.

Un estudo da Universidade de Oxford revela que en Alemania Alternative für Deutschland (AfD) de dereita, ten máis tránsito de Twitter que calqueroutro partido alemán e moitos dos seus seguidores non esconden a súa devoción por Hitler. Procesos semellantes danse por  media Europa. Logo da Segunda Guerra Mundial e antes das plataformas sociais, ningún nazi ousaba declarar nunha praza pública que o era, tanto coma os antivacunas ou os que defenden que a Terra é chá.


Semella que avanzamos cara a un momento de barbarie que ofrece capacidade de reunión e, nomeadamente, de organización ao salvaxe Oeste dos sitios de redes sociais, sometidos a lóxicas publicitarias, manipulación das emocións e algoritmos opacos. Nesas zonas de ira e violencia simbólica, o suxeito político é remprazado pola industria da difamación en liña.

O doutor Robert Epstein, investigador de The American Institute for Behavioral Research and Technology (Instituto Norteamericano de Investigación del Comportamiento y la Tecnología) de California, probóu documentalmente que case un 2 % das eleccións nacionais do planeta son decididas por Google. Él e Ronald E. Robertson, inventaron a expresión efecto manipulador  dos buscadores (SEME, polas súas siglas en inglés), que explica como se pode decantar o voto de indecisos en función dos resultados que ofrecen os buscadores. Nalgúns grupos demográficos, até un 80 por cento dos votantes pode cambiar as as súas preferencias electorais, aseguran Epstein e Robertson.

Nas eleccións presidenciais de Brasil en 2018, a combinación perfecta de uso extensivo dos medios sociais a beira dunha campaña repleta de notícias falsas outorgou unha vitoria sobrada a Jair Bolsonaro. Os  brasileiros non votaron polo candidato machista e homofobo por consumiren información falsa a través Whatsapp ou Facebook, senón que crían na información manipulada porque eran da ideoloxía de Bolsonaro, unha diferenza que non convén esquecer. Con Donald Trump en 2016 pasououtro tanto. A xente xa non busca noticias para informarse, senón para corroborar as súas opinións. Por iso boa parte dos votantes de Trump infórmanse só a través de Fox News, porque atopan coincidencia, corroboración e complementariedade entre o que creen e o que di Trump, logo confirmada por un medio,  advirte nunha das súas conferencias máis citadas o sociólogo catalán Manuel Castells.

A dereita milita en rede

A dereita milita, actívase e constitúese en rede. Mentres Internet sexa un arrabaldo que sabemos que existe, pero non visitamos ou, peor, utilizámolo só para dicir e non para dialogar e persuadir, a esquerda estará perdida no novo territorio onde máis do 70 por cento dos mozos de entre 16 e 30 anos en América Latina, ten seu primeiro contacto coa información. A penetración media de Internet na rexión é 13 puntos superior á global, cun 67%, e o número de usuarios ascende a case 440 millóns. Somos o continente que máis tempo lle dedica a Facebook, Instagram, Whatsapp e Youtube.

Se neses territorios hai cidadáns, haberá política; mayoritariamente de dereita, pero política, que non podemos liderar con crítica moral e ética, por moito que esteamos no lado correcto da Historia. Góstennos ou non, as plataformas sociais dixitais están, cada dia máis, presentes  nas nosas vidas en nun espazo de debate no que son precisas respostas versátiles, de alta complexidade e consisténcia.


Onte comezou en Caracas a XXV edición do Foro de São Paulo, que xa inclúe a Comunicación entre os seus debates principais. Se queremos que a rede teña presenza na esquerda e voz dominante contra a inxustiza, o desamparo, o aborrecemento e a desidia, cómprennos líderes e movementos mellor conectados. Para termos democracia e non esterqueira, como pedía Paco Ignacio Taibo II nestas mesmas páxinas hai uns días. Que asi sexa para todas, era ben tempo.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará