Italia alumea a histórica Mole Antonelliana para dar grazas a Cuba

Giancarlo Nivardi – Torino

O monumento que Italia alumea somentes nos grandes acontecementos nacionais, foi acendido na noite do dia 21 en hora da brigada médica Henry Reeve e de Cuba, como expresión de obriga pola asistencia á castigada rexión do Piamonte no andacio da COVID-19.  Un enorme Grazie Cuba! acompañado dun  corazón e da bandeira da illa solidaria, ilustraban a cúpula da Mole Antonelliana de Torino fulxente coma un facho baixo os focos. A iniciativa foi do concello de Torino coa colaboración da Axencia para o Intercambio Cultural e Económico con Cuba (AICEC)  

É a primeira vez que a Mole Antonelliana arde en luces en nome dun pais extranxeiro.

O acendido da Mole Antonelliana en homeaxe ás brigadas médicas cubanas, é un feito insólito pois é a primeira vez na historia que o símbolo de Torino e emblema de Italia rende honras a un país extranxeiro.

Italia, coa segunda colonia de emigrantes históricos nos EUA, vive con anguria a caótica política da Casa Branca para responder á Pandemia, e en especial o debezo de Trump de facerse coa patente dunha vacina mentres rapina material médico básico en todo o mundo, compra unha empresaa suiza de ventiladores pulmonares para podérllelos bloquear a Cuba ou nega a letalidade da Covid-19.

As galas luminosas da Antonelliana en lembranza agradecida a Cuba, ocuparon a apertura de todos os telexornais de Italia e foi mención en todos os diarios de Italia, mentres o departamento de Estado de Washington inventa novas categorías de inimigo da humanidade e do império para llas pendurar a Cuba.

MÉDICOS DE CUBA PARA A UE EN ESTADO DE EMERXENCIA

Horas máis tarde, o presidente Diaz Canel recibia con parabéns na Habana aos 38 facultativos médicos cubanos, integrantes da brigada do Continxente Internacional de Médicos Especializados Henry Reeve para Situacións de Catástrofe ou Andacios. O doutor Guerra Izquierdo, xefe da brigada, dixo que na súa experiencia esta fora a máis complexa brigada internacionalista. Lombardía era segunda región más afectada Italia e representou un desafío que foi superado. Foi esta a primeira ocasión na que as brigadas médicas cubanas intervían no Primeiro Mundo, nun dos paises fundadores da CEE.

«O feito de ter salvado 170 vidas e reducir os índices de letalidade, significou moito – dixo Guerra Izquierdo no aeroporto da Habana-. Chegados a Torino, a rexión do Piamonte era a terceira máis afectada de Italia, e, de a pouco, pasou a ser segunda. O panorama era arrepiante porque podíamos sentir medo no pobo; dende que chegamos, a xente aplaudíanos nas rúas o que representaba para nós un desafío. Os resultados positivos chegaron de dia en día e finalmente a misión foi un éxito”.

Guerra Izquierdo contou que todos os pacientes atendidos pola brigada, una vez recuperados deixaron una carta manuscrita de agradecimiento a Cuba aos seus médicos. “Esas cartas veñen nos nosos corazóns”, dixo.

A prensa italiana contóu que os 38 brigadistas de Cuba levaron a cabo un traballo eficiente, organizado e intenso, durante tres meses, cos pacientes ingresados nun hospital improvisado pola administración do Piamonte. Alí, asistiron a tres mil doentes –177 de gravidade extrema– con 5.000 atencións hospitalarias  e máis de 81.000 consultas de enfermería.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará