Pérez Esquivel acusa a Macri de censurar Telesur na Arxentina

Bos Aires – Prensa Latina – Terra Sen Amos, 30.03.16

 
O Premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel coida que a decisión do goberno do presidente Mauricio Macri de prohibir Telesur en Arxentina constitúe un acto de censura e de ataque á pluralidade na información. Do mesmo xeito que outros países latinoamericanos, Arxentina integrou o proxecto de Telesur, mesmo con participación accionária na canle internacional, trala súa creación en 2005, respondendo a unha iniciativa sw Fidel e do falecido presidente venezolano Hugo Chávez.

Telesur é a primeira cooperativa de información antiimperialista  de América,  fundada por un acordo entre Fidel e Chávez.
Telesur é a primeira cooperativa de información antiimperialista de América, fundada por un acordo entre Fidel e Chávez.

O anuncio domingo, no diario progubernamental A Nación, de a administración Macri retirar Arxentina do proxecto de televisión continental, foi confirmado luns polo ministro de Medios e Contidos Públicos, Hernán Lombardi. Xa dende 4 de marzo pasado, Telesur foi excluida do paquete de canles de Cablevisión, sen argumento legal algún e privando a millóns de arxentinos que pagan por ese servizo dun sinal de noticias de 24 horas.

En Arxentina, “as canles locais non informan, céntranse na farándula e espectáculos e pouco na situación política internacional e latinoamericana”, declarou Esquivel desde a súa conta en Twitter, ao tempo que manifestaba a súa preocupación pola postura “moi condicionada e dirixida” de Mauricio Macri, en especial nas súas críticas cara a Venezuela. E subliñou: “Trátase de decisións políticas que debemos denunciar (…) tanto coma esta de marxinar un medio de comunicación como Telesur”.

Mália Lombardi cualificar a exclusión de Telesur de decisión prática, de intención económica, e recusar a acusación de censura, formulada dende institucións e particulares de toda Arxentina, Pérez Esquivel asegurou que sen dúbida era un acto de governo contra a información libre e unha “censura a prol da CNN“. Tamén por Twitter, Lombardi insistiu en xustificar onte a desvinculación da cadea de televisión multiestatal ao sinalar que o país “non praticaba a máis mínima inxerencia nas cuestións financeiras e xornalísticas”.

Moitas outras voces criticaron desde Arxentina tal decisión. O líder do partido Novo Encontro, Martín Sabbatella, sostivo que “Telesur permite que o mundo coñeza informacións que son deliberadamente excluídas dos medios hegemónicos en todos os nosos países. A Macri non lle gusta o que se conta de Arxentina en Telesur porque as noticias e as voces difundidas nese medio están á marxe do pacto de invisibilización do axuste que fixo co Grupo Clarín e outros medios arxentinos, a partir da apertura de negocios millonarios”.
Pola súa banda, a titular de Nais de Praza de Maio, Hebe de Bonafini, dixo que “os que falan de pluralidade, de democracia, de escoitar todas as voces, vannos prohibir ver Telesur en Arxentina. Péchannos outra boca máis, outra cabeza que pensa, que nos conta o que realmente está pasando”. Nun comunicado, a Rede de Intelectuais e Artistas en Defensa da Humanidade (REDH) cualificou de “afronta á liberdade de expresión” o retiro do sinal da canle Telesur das distribuidoras por cabo na Arxentina.

A dirección de Telesur denunciou que que o Governo arxentino anunciara a súa decisión unilateralmente, sen manter unha comunicación prévia co Consello de Dirección da canle multiestatal. Telesur está presente en máis de 90 distribuidoras de cabo e mantén convenios con máis de cinco televisoras en diferentes provincias arxentinas. Até 29 de febreiro chegaba a máis de 20 millóns de  televidentes e a máis de oito millóns de abonados.

A decisión do Goberno Arxentino implica que Telesur deixará de ser transmitida polo servizo estatal de Televisión Digital Aberta e quedará en mans de cada distribuidor por cabo a decisión de seguir incluíndo o seu sinal no seu paquete de emisoras.

Domingo pasado, a canle de televisión C5N censurou o programa Economía Política, conducido polo xornalista Roberto Navarro. O espazo quedou suspendido até novo aviso. Na emisión de domingo estaba anunciada unha análise especial de tres horas titulada “El socio del presidente” no que se trataban os intereses cruzados do presidente Mauricio Macri co empresario e amigo personal Nicolás Caputo.

O director do programa comentou  que a suspensión do programa foi imposta polo Governo. “Non xulgo a decisión editorial do canal. É evidente o cerco que está sofrer o medio. Magóame que no meu país se non poda informar sobre actividades do Presidente e do seu socio”. Navarro lembrou a observación do Papa Francisco, de regresar co governo de Macri “un clima de revanchismo como no se vía dende 1955”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *